Galego

Con moita alegría e grande éxito, damos por inaugurada a páxina web http://www.yasunidos.org na que informaremos das diferentes actividades para a defensa de #Yasuní a nivel nacional, articular propostas e reflexionar xuntos.

A unión fai a forza!

Somos moitos e moitas, somos diferentes mais compartimos algo moi forte que nos une. Sabemos que este é un fito histórico para construír e pensar máis aló do modelo actual. Somos o movemento «YASunidos» e asociámonos como unha resposta da sociedade civil ao aniquilamento da iniciativa «Yasuní ITT» por parte do goberno ecuatoriano e ao seu plan de explotación da reserva natural que conta coa maior biodiversidade do noso planeta, que é ademais o fogar dos pobos agochados.

Definímonos como un movemento de carácter meramente pacífico, sen posturas partidistas, que busca a protección da vida, dos dereitos humanos, do respecto á Constitución de Ecuador e mais da defensa e conservación do noso patrimonio natural ancestral. Apostamos por outras alternativas económicas para o desenvolvemento do país que se afasten da explotación do campo ITT. Para isto, esiximos á clase política e en especial á Asemblea do Ecuador que asuma a responsabilidade histórica que lle corresponde e se posicione a favor do mantemento do petróleo baixo terra. En caso contrario, dado que se trata dun tema de interese nacional, xa que os ecuatorianos e ecuatorianas estivemos implicadas nesta iniciativa durante máis de 6 anos, avogamos polo exercicio dunha democracia participativa e responsable mediante unha consulta popular.

É importante sinalar que rexeitamos rotundamente calquera intento de catalogarnos de desestabilizadores do réxime actual, pois caracterizámonos polas nosas actividades públicas que demostran o noso carácter construtivo, imprescindible para unha democracia xusta e estable.

Para nós, esta iniciativa que defende a permanencia do cru do ITT baixo terra de maneira indefinida non debe responder aos antollos da comunidade internacional, así como tampouco aos dun goberno que nos fallou, pois desbotou a posibilidade dun debate público serio entorno as alternativas de conservación do ITT.

Dende «YASunidos», esiximos que se respecten os dereitos dos pobos agochados como garante o artigo 57 da Constitución de Ecuador. Demandamos que non se sacrifique o noso patrimonio natural ancestral en lugar de optar por alternativas post-petroleras. Solicitamos de modo categórico un debate sincero e transparente sobre o noso modelo económico e a nosa matriz enerxética. Así mesmo, reclamamos ao goberno que nos permita mostrar o noso desacordo mediante o exercicio lexítimo de protesta sen represión nin criminalización.
Para nós, cumprir o obxectivo de que o cru do ITT permaneza baixo terra está máis vivo ca nunca. As rúas demóstrano coa creatividade e compromiso da cidadanía quen reivindica que a súa voz sexa escoitada, que todos e todas reflexionemos sobre este asunto expresando multitude de argumentos, mais non información confusa ou propaganda gobernamental deslexitimadora.

É esencial rematar coa pobreza e mellorar a educación. Con todo, non cremos que explotar o Yasuní sexa o camiño. Hai riqueza de sobra, mais está mal repartida. Por exemplo, as elites económicas do país aumentaron os seus ingresos nos últimos anos. Porén, os impostos que gravan as súas vendas diminúen cada vez máis. Se incrementaramos a súa carga tributaria un 1,5%, obteriamos máis de 50 mil millóns de dólares no mesmo período en que se propón explotar o ITT, 22 anos.

Do mesmo xeito que a iniciativa «Yasuní ITT», suxerimos a procura de alternativas, romper os esquemas con coraxe. En definitiva, propoñemos unha revolución social que cuestione os valores do consumo enerxético e que priorice o ben común e a idea do benestar.
Somos conscientes de que máis de un tentará empregar a nosa plataforma en beneficio propio, mais é preciso esclarecer que a nosa loita é pola vida e polas alternativas ao modelo extractivista. Formamos parta da cidadanía, non só urbana. Somos conscientes das desfeitas que provoca a extracción de petróleo na natureza, na humanidade e na economía. Cunha forte convicción de que este é o momento de debater nas rúas, coa participación de todos e todos, aspiramos a superar a dependencia do petróleo que se nos impón. Esta, ademais de agravar o quecemento global, a destrución medioambiental e poñer en risco a vida dos pobos agochados, compromete o futuro non só dos ecuatorianos e ecuatorianas, senón o da humanidade.

Polo tanto, convidamos a todos e todas os que se sentan parte deste país, que amen esta terra e queiran colaborar connosco ou propoñer novas achegas, a que se unan a este movemento. Camiñemos «YASunidos» para seguir construíndo. Pois como dicimos os ecuatorianos e ecuatorianas: «¡Si se pode!»

«YASunidos» pola vida.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s